Vendaval

Filmes

DarioEyre_Vend26_Prim_Dia4-81

Observación de estrelas con Martin Pawley

Unha viaxe guiada polo ceo nocturno, achegándonos á astronomía dun xeito rigoroso, ameno e apaixonante.

(Fotografia: Darío Eyré)

Martin Pawley (A Coruña, Galicia, 1974) é comunicador científico especializado en astronomía membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Colaborou en programas de radio e mantén dende 2019 unha columna mensual sobre contaminación luminosa na revista "Astronomía".

Tamén escribe sobre cinema (Caimán Cuadernos de Cine, Nós Diario, blog Acto de primavera ou nos libros colectivos "Reframing Portuguese Cinema in the 21st Century" e "Qué será del cine"), imparte obradoiros e conferencias, programou ciclos e seccións de festivais, produciu a película "Costa da Morte" (Lois Patiño, 2013) e dirixiu, xunto a Marcos Pérez, a curta experimental "Fogos", que se presentou no FIC Xixón, Punto de Vista ou FID Marsella. Foi membro do xurado en festivai de cinema coma o Curtas Vila do Conde, Indielisboa, BAFICI (Buenos Aires), Festival dei Pópoli (Florencia), FIC Valdivia, FCAT ou Filmadrid, entre outros.

Observación de estrelas con Martin Pawley