Memoria histórica: o caso de San Simón
A propósito do filme San Simón, falaremos con Miguel Ángel Delgado e Xurxo Ayán sobre o caso da Illa, que funcionou como prisión e lugar de reclusión para presos republicanos, e a súa declaración como espazo de memoria histórica.
(Na imaxe, cemiterio do arquipélago de San Simón. Fotografía de Pablo Vázquez.)
Miguel Ángel Delgado
Fundador de Morelli Producciones. Cineasta, produtor executivo, director de fotografía e montador. É o realizador da longametraxe de ficción San Simón, estreada na sección Made in Spain da 73.ª edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián. A película recupera a memoria do campo de concentración franquista da illa de San Simón, convertendo ese espazo nunha reflexión sobre a represión, a memoria histórica e a dignidade humana a través da historia dos homes e mulleres que alí foron encarcerados. Tras o seu paso por San Sebastián, a película participou tamén no Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF).
Como produtor executivo, director de fotografía e montador de Alberto García-Alix realizou o documental La línea de sombra, estreado na sección New Directors da 65.ª edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián e galardoado co Premio ao Mellor Documental Iberoamericano no Festival Internacional de Cinema de Guadalajara (FICG33) e co Premio ao Mellor Documental no Festival Cinespaña.
Artista visual, a súa obra foi exposta en Tabacalera (Madrid), Seoul Art Space Geumcheon, Round the Corner Lisboa e Picnic Sessions CA2M. Foi artista residente do programa Hangar-AECID. É profesor de cinema no máster da escola SUR do Círculo de Belas Artes de Madrid e cineasta colaborador do programa Art & Education Palestine de GUCC/Shababek for Art, o Consulado de España en Gaza e AECID.
Xurxo Ayán
Xurxo Ayán Vila (Lugo, 1976) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador postdoutoral Juan de la Cierva na Universidade do País Basco (2014-2017) e investigador principal da FCT no Instituto de História Contemporânea da Universidade NOVA de Lisboa (2019-2025).
Participou no último acto da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) que pretende que a Illa de San Simón sexa de novo declarada lugar de memoria histórica.
A súa investigación céntrase na Arqueoloxía da Paisaxe, a Arqueoloxía Comunitaria e a Arqueoloxía do Pasado Recente, En 2018 codirixiu con Rui Gomes Coelho o proxecto "Cambedo da Raia 1946: Arqueologia da Resiistência na Raia galego-portuguesa", a primeira intervención arqueolóxica en territorio portugués sobre a guerrilla antifascista. Desde 2022 dirixe outro proxecto fronteirizo: "HELP: Arqueoloxía dos campos de refuxiados republicanos españois en Barrancos (Beja, Alentejo)".Os seus últimos libros son "Repil 1949" (coeditado con Olga Novo en Edicións Positivas, 2025). "Onde as rúas non teñen nome" (Edicións Positivas, 2021) e "San Lourenzo ven a nós. Memorias dun castro galego" (2021)
Memoria histórica: o caso de San Simón
-
dom 30 ago ás 19:00
