Vendaval

Filmes

conversas Martin e Coragem

Martin Pawley & Sérgio Coragem

Conversa entre o crítico galego Martin Pawley e o actor portugués Sérgio Coragem

Sérgio Coragem naceu en 1986, en Lisboa. Formouse en Teatro e Artes do Espectáculo na Escola Gil Vicente e licenciouse en Teatro – rama Actores pola ESTC. É membro fundador da compañía auéééu – Teatro.

No ámbito audiovisual, participou na longametraxe "Verão Danado", de Pedro Cabeleira, e na curtametraxe "O Homem de Trás-os-Montes", de Miguel M. Cabral. Tamén participou nas series Subsolo (2017), Inquilinos (2018) e Três Mulheres (2018), emitidas pola RTP, así como na curtametraxe Lisboa, 2018, de Francisco Valente. En 2025, traballa de novo con Pedro Cabeleira no filme "Entroncamento", e protagoniza "O Riso e a Faca", de Pedro Pinho. Esta último estreouse na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2025 e recibiu varios recoñecementos internacionais como o Louve d'Or no Festival du Nouveau Cinéma de Montreal e o Premio Punto de Encontro á Mellor Longametraxe na Seminci de Valladolid. Sérgio está nominado aos Globos de Ouro na categoría de melhor actor polo seu trabalho con Pedro Pinho.

Martin Pawley (A Coruña, Galicia, 1974) escribe sobre cinema (Caimán Cuadernos de Cine, Nós Diario, blog Acto de primavera ou nos libros colectivos "Reframing Portuguese Cinema in the 21st Century" e "Qué será del cine"), imparte obradoiros e conferencias, programou ciclos e seccións de festivais, produciu a película "Costa da Morte" (Lois Patiño, 2013) e dirixiu, xunto a Marcos Pérez, a curta experimental "Fogos", que se presentou no FIC Xixón, Punto de Vista ou FID Marsella. Foi membro do xurado en festival de cinema coma o Curtas Vila do Conde, Indielisboa, BAFICI (Buenos Aires), Festival dei Pópoli (Florencia), FIC Valdivia, FCAT ou Filmadrid, entre outros. Como comunicador científico especializado en astronomía, colaborou en programas de radio e mantén dende 2019 unha columna mensual sobre contaminación luminosa na revista "Astronomía".

Martin Pawley & Sérgio Coragem