Martin Pawley & Margarida Cardoso
Conversa entre o crítico galego Martin Pawley e a realizadora portuguesa Margarida Cardoso
Margarida Cardoso é unha realizadora e guionista portuguesa. Traballou en Portugal e en Francia como asistente de realización, script e fotógrafa de escena, ata que en 1995 comezou a escribir e realizar os seus propios filmes explorando temas que cruzan a súa historia persoal con cuestións marcantes da historia recente de Portugal, como a guerra colonial en África, a revolución e o final do período colonial. Os seus filmes foron exhibidos e premiados en festivais como o International Film Festival Rotterdam, o Venice Film Festival e o Locarno Film Festival. É tamén profesora de cinema na Universidade Lusófona, no mestrado internacional DocNomads, na Escola das Artes da Universidade Católica do Porto e na EICTV, en Cuba. En 2015, o Departamento de Estudos Literarios, Lingüísticos e Comparados da Università degli Studi di Napoli L'Orientale creou a “Cátedra Margarida Cardoso”, un centro de práctica e investigación creativa inspirado na súa obra.
Martin Pawley (A Coruña, Galicia, 1974) escribe sobre cinema (Caimán Cuadernos de Cine, Nós Diario, blog Acto de primavera ou nos libros colectivos "Reframing Portuguese Cinema in the 21st Century" e "Qué será del cine"), imparte obradoiros e conferencias, programou ciclos e seccións de festivais, produciu a película "Costa da Morte" (Lois Patiño, 2013) e dirixiu, xunto a Marcos Pérez, a curta experimental "Fogos", que se presentou no FIC Xixón, Punto de Vista ou FID Marsella. Foi membro do xurado en festival de cinema coma o Curtas Vila do Conde, Indielisboa, BAFICI (Buenos Aires), Festival dei Pópoli (Florencia), FIC Valdivia, FCAT ou Filmadrid, entre outros. Como comunicador científico especializado en astronomía, colaborou en programas de radio e mantén dende 2019 unha columna mensual sobre contaminación luminosa na revista "Astronomía".
Martin Pawley & Margarida Cardoso
-
dom 30 ago ás 12:00
