Vendaval

Filmes

_R2A8751

Irmãos Makosa

Dj set

Irmáns Makossa son dous amigos apaixonados pola música producida en África durante as décadas de 1970 e 1980, que se uniron en 2008 co propósito de cruzaren os seus gustos musicais e difundilos entre o público. Os DJ sets dos Irmáns Makossa contan a historia dunha viaxe por África e de como este continente influíu na música de todo o mundo.

A gran referencia deste dúo é Fela Kuti, creador do afrobeat, mais non é a única. Manu Dibango, Ebo Taylor, K. Frimpong, Miriam Makeba e moitos outros tamén forman parte do percorrido musical que a dupla presenta.

Irmãos Makosa