Vendaval

Filmes

RuiPalma3

Concerto de Calcutá

Presentación do disco "Soon After Dawn"

Calcutá é o territorio sonoro de Teresa Castro, compositora, multiinstrumentista e artista sonora asentada no Porto. Cunha formación de guitarrista clásica, entrelaza liñas de folk, drone, ambient e música experimental, creando un léxico sonoro completamente propio: guitarras persistentes, harmonios que respiran como organismos vivos e electrónicas -sutís, mais efectivas— que latexan nun ritual sonoro. A súa voz —ora un laio íntimo, ora un alento prolongado— convértese nun instrumento que nos guía por espazos onde o tempo desacelera e a escoita se afonda.

https://calcuta.bandcamp.com/album/soon-after-dawn

En 2015 publica a súa primeira maqueta, "Love Path Again", á que segue o EP "Over Night" en 2017. En 2024 presenta "Feux d’Artifice", unha peza ambient que marca unha nova etapa na súa traxectoria. Como artista sonora compuxo música para o teatro, en "Real Dog" (Solange Freitas, 2017), e para o cinema, en "Onte á noite conquistei Tebas" (Gabriel Azorín, 2025), ademais de desenvolver diversas instalacións, entre as que destaca a recente instalación cuadrafónica Madre Antiga, presentada no Mosteiro de Arouca (2025).

O seu álbum de estrea, "Soon After Dawn", amplamente eloxiado pola crítica, publicouse o 23 de xaneiro de 2026, precedido polos sinxelos "Eterno Retorno" (decembro de 2025) e "Run Come Rally" (xaneiro de 2026).

Concerto de Calcutá