Vendaval

Filmes

LNICCT_Still_3

Onte á noite conquistei Tebas

Gabriel Azorín

2025 | FIC | 112min | PT, ES

Versión orixinal con subtítulos en español

Nunha fría tarde de inverno, António e Jota regresan da fronte xunto cos seus amigos na procura dunhas antigas termas romanas. Fan brincadeiras entre eles e atravesan zonas enchoupadas mentres lembran a súa última batalla. As termas reapareceron tras permanecer durante moito tempo baixo as augas dun encoro, e persoas de todas as idades achéganse para pasar alí o día.

Mais hai algo misterioso nesas termas, coma se a auga influíse no estado de ánimo dos rapaces, dándolles o valor necesario para dicir cousas que nunca lle contaran a ninguén. A medida que o día dá paso á noite, confesan os seus sentimentos e o medo a perder para sempre o seu mellor amigo.

NRM/7

Proxeccións