O Riso e a Faca
Pedro Pinho
2025 | FIC | 210min | PT, FR, BR, RO
Versión orixinal con subtítulos en español
Sergio viaxa a unha metrópole da África occidental para traballar como enxeñeiro ambiental na construción dunha estrada que unirá o deserto coa selva. Alí establece unha relación estreita, aínda que algo desigual, con dúas persoas da cidade, Diara e Gui. Pouco despois descobre que un enxeñeiro italiano, ao que lle encomendaran a mesma misión ca a el uns meses antes, desapareceu misteriosamente.
NRM/16
Proxeccións
-
sáb 29 ago ás 17:00
