As Estações
Maureen Fazendeiro
2025
O tema da 3ª edición do Vendaval, “Historia e territorio”, propón unha reflexión sobre as múltiples capas de historia que atravesan os territorios. A través de filmes moi diversos, o programa achégase a lugares nos que o pasado dialoga co presente, xa sexa como memoria, como conflito ou como pegada aínda activa.
“Onte á noite conquistei Tebas”, de Gabriel Azorín, e “As Estações”, de Maureen Fazendeiro, presentan territorios atravesados pola historia. O primeiro, filmado nas termas de Bande e na serra do Xurés, retrata a amizade entre un grupo de mozos portugueses que pasan a tarde nas termas e a dos romanos que as construíron. O filme de Maureen Fazendeiro transpórtanos a diferentes momentos da historia do Alentejo inscritos na súa paisaxe.
Outros filmes detéñense en momentos concretos e especialmente polémicos da historia recente, cuxas consecuencias continúan a resoar no presente: a represión franquista na illa de San Simón, en “San Simón”, de Miguel Ángel Delgado, ou o pasado colonial portugués, revisitado en “Banzo”, de Margarida Cardoso, e “O Riso e a Faca”, de Pedro Pinho.
A relación entre territorio e historia tamén se manifesta nas transformacións urbanas contemporáneas. Varios filmes trazan unha radiografía da crise que atravesa as grandes cidades portuguesas: a xentrificación do Porto en “Cães que Ladram aos Pássaros”, de Leonor Teles e peche do centro cultural STOP, na mesma cidade, retratado por Jorge Quintela en “STOP - Salas de Ensaio para um Materialismo Histórico”. En Lisboa, “Maio”, de Cláudio Carbone, e “Bad for a Moment”, de Daniel Soares, abordan a brutalidade dos desafiuzamentos e das demolicións de barrios nas periferias, así como as formas de desigualdade que produce a cidade neoliberal.
“Entroncamento”, de Pedro Cabeleira, sitúanos nesta vila das periferias de Lisboa, cruce de camiños entre o norte do país e a rexión de Lisboa e lugar de orixe do propio director, para retratar a falta de oportunidades e as dificultades dunha mocidade que tenta abrirse camiño nun territorio marcado polo racismo e o machismo estruturais.
As Estações
Maureen Fazendeiro
2025
Bad for a moment
Daniel Soares
2024
Banzo
Margarida Cardoso
2024
Cães que ladram aos pássaros
Leonor Teles
2019
Despois das Cidades
Xacio Baño
2026
Entroncamento
Pedro Cabeleira
2025
Maio
Claudio Carbone
2025
O Riso e a Faca
Pedro Pinho
2025
Onte á noite conquistei Tebas
Gabriel Azorín
2025
STOP - Salas de ensaio para um materialismo histórico
Jorge Quintela
2025
San Simón
Miguel Ángel Delgado
2025