Vendaval

Conversas

Conversas e entrevistas con alguns dos convidados e convidadas que pasaron polo Vendaval

CONVERSA ENTRE MARTIN PAWLEY E SÉRGIO CORAGEM

Conversa entre o crítico galego Martin Pawley e o actor portugués Sérgio Coragem protagonista de "O riso e a faca" de Pedro Pinho e actor secundário en "Entroncamento" de Pedro Cabeleira, durante a 3ª edición do Vendaval.

ENTREVISTA A TERESA CASTRO (CALCUTÁ)

Teresa Castro fala do seu novo disco e da súa participación na banda sonora de "Onte á noite conquistei Tebas" de Gabriel Azorín con motivo do seu paso pola 3ª edición do Vendaval.

ENTREVISTA A IVÁN CASTIÑEIRAS GALLEGO

O realizador e director de fotografía Iván Castiñeiras Gallego

O realizador e director de fotografía Iván Castiñeiras Gallego

Maio de 2026. Por Ánxela Jorge Vidal

Estudaches na Escola Superior de Teatro e Cinema, en Portugal; que te levou a escoller o país como primeiro destino para estudar cinema? Cal era a tua relación con Portugal? Como é hoxe?

(Esta entrevista respecta a forma de falar específica do entrevistado)

Son galego do sureste da provincia de Ourense, concretamente de unha pequena aldea arraiana chamada Cádavos. Lémbrome de pequeno cando cruzaba a fronteira as aldeas do lado portugués e de algún verán no que viaxei no interior do pais facendo camping con a familia. Pero foi so no periodo en que estudaba Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela cuando comecei a descubrir Portugal, concretamente a cidade de Lisboa, onde durante un tempo formeime en teatro.

Cando rematei Historia da arte, tiven o desexo de continuar os meus estudios en cine. A escolla de ir a Portugal xurdiu da fascinación pela cultura do pais, pela cidade de Lisboa e do feito de que a Escola Superior de Teatro e Cinema fose a única universidade de carácter pública especializada en cinematografía en toda a península Ibérica.

Cando me preguntan pola miña nacionalidade, síntome moi vencellado ao país luso, temos a sorte de partillar unha identidade con enorme proximidade linguística e cultural. Así que considerarse iberista creo que sexa o mellor modo de resumir.

En Lisboa tiven a sorte de ter acceso aos clásicos na Cinemateca, así como de presenciar naquel entonces festivais nacionais de cine de unha consistente curadoría. Ao sair da escola comencei a colaborar con os realizadores e realizadoras portugueses.

Com o tempo, por proximidade con Galicia, desenvolvín unha relación máis intensa con Oporto. Identíficome mais co estado anímico e co modo de facer as cousas do norte, no que tamén encontrei estructuras e modo dos colectividade moi interesantes para os modelos de producción nos que me movo..

O teu primeiro filme como realizador e como director de foto foi "A Raia", tiveches sempre claro que querías realizar ademais de facer a dirección de fotografia? Como se relacionan Iván realizador e o Iván director de fotografía?

Realmente formeime en son, cando saín do conservatorio de cine era director de son. Durante varios anos traballei profesionalmente tanto na postproducción como no son directo. Escollín o son, quizás, por ser un territorio totalmente descoñecido. Ao ter feito Historia da Arte, a imaxen era algo moi próximo conceptualmente, maila que non tiña coñecementos técnicos. Estudei un ano na escola Louis Lumière en París, alí tiven a posibilidade de de formarme en son e en imaxen. No 2009 fixen un mestrado en Dirección de Fotografía en Barcelona, na ESCAC, a través dunha beca pública. Vivín un periodo de transición onde me adicaba a dirección de son ao tempo que empezaba a ter labores en imaxen como eléctrico ou asistente de cámara.

As miñas películas convertironse no espazo perfecto para experimentar, para asumir riscos. A miña primeira curta, "A Raia", foi unha codirección de fotografía compartida con Jorge Quintela. Despois de esta experiencia, continue a facer a fotografía dos meus proxectos, e comencei moi lentamente a traballar para outros realizadores.

Realización e imaxen son complementarios, me fascinan os dous roles, alén de que tamén era un modo de adaptarse ao austero modelo de autoproducción, e de ser autónomo a hora de levar a cabo un proxecto. O feito de exercer profesionalmente como director de fotografía,é unha forma de estar activo, vencellado ao medio, e de colaborar con varios realizadores, alimentando constantemente a creatividade.

Fotograma de "A Raia" primeira curta de Iván Castiñeiras

Fotograma de "A Raia" primeira curta de Iván Castiñeiras

Traballas en varios países, Francia, Portugal, España - Galiza, onde crees que encadra mellor o teu traballo como realizador? Que diferenzas encontras ao traballar como director de foto nos diferentes países?

É difícil concretar. Tiven que adaptarme e ir cambiando de lugar. De Galiza marchei, porque non encontraba modo de avanzar, non había onde formarse. Cando acabei estudos en Portugal, chegou o periodo de crisis, e era imposible imaxinar un futuro no cine. Voltei a marchar desta vez a Barcelona. Me formei durante uns anos pero de novo a crisis inmobiliaria só permitia a uns poucos resistir no medio do cinema. Así que acabei emigrando a Francia, foi o único lugar onde encontrei e me deron unha oportunidade de facer e de vivir do meu traballo.

Os modelos de producción son independentes das fronteiras, non cambia necesariamente, pero si cambian as necesidades de cada obra; e sobre todo no tipo de narrativas nas que acostumo colaborar. Cada proxecto supuxo unha adaptación aos limites aos tipos de ferramentas, de tempos e de medios de producción.

O ter vivido en varios lugares obligoume en certo modo a recomenzar de novo a cada vez, pero também me permitiu entrar en contacto con múltiples realidades e a traballar con diversas sensibilidades. Por suposto todo esto enriqueceu o meu camiño persoal.

Traballas moito en película e de feito, Deuses de Pedra, foi filmado en celuloide. Que aporta este material a un filme como Deuses de Pedra?

Aporta moitas cousas. Ata agora, os meus filmes se desenrolaron sen unha estrutura escrita previa. Guiándome por pequenas ideas, intuicións, bocetos, microestructuras.

O analóxico foi unha ferramenta que me axudou e me obrigou a tomar eleccións precisas.

Deuses de Pedra foi un proceso ao longo. Pasei moito tempo no terreo, recollendo materiais, tomando notas, compartindo a vida con as persoas, disfrutando da experiencia vital de estar ali… A cada periodo de rodaxe, sucedialle o seu periodo de montaxe, de este modo ia tendo unha noción moi xeral do que estaba a tentar contar.

Ao tratarse de un relato realizado ao longo de 15 anos, ter escollido o formato analóxico me permitiu otorgarlle homoxeneidade a uns materiais que temporalmente estaban distantes entre si. O tempo pasa ao longo da narración, ao tempo que o formato lhe da una cohesión e estabilidade estética. O analóxico ten esa capacidade de aglutinar, de dar unha pátina, de xenerar un filtro a través do cual observar as cousas desde un prisma e distancia particular.

Non so te obriga a acotar os tempos da metraxe, tendo un volume final de material menor. Ao estar moi limitado o tempo de grabación, permitete estar e participar realmente do lugar e no lugar.

O teu traballo está tamén vinculado ao rural, de onde xorde este vínculo?

Vivín a medio camiño entre o rural e o urbano. A miña ligazón ao rural é forte pero tamén tiven o gosto de distanciarme de él, aprendendo e disfrutando moito das metrópolis. Filmar no espacio rural permitiume observar e complementar o que vin e aprendín de miudo. Co paso de todos estos anos vexo moitas mudazas, procesos de abandono e esquecemento ao tempo que tamén de microresistencias e de permanencia. Deuses de Pedra me permitiu conectarme con una terra materna, que so coñecía superficialmente. O desexo motor foi escarbar nas raices. Co tempo o proceso se foi convertino nunha homenaxe aos seus habitantes.

Fotograma de "Deuses de Pedra", Iván Castiñeiras, 2025

Fotograma de "Deuses de Pedra", Iván Castiñeiras, 2025

Que papel teñen as industrias culturais na valorización do rural? En retrospectiva e na actualidade?

A industria cultural galega, tanto as grandes productoras como as independentes, teñen unha grande tendencia a ollar para o rural. Nestes procesos, hai de todo. Hai quen escoita e retrata o rural con certo compromiso, expondo non so a sua beleza senon tamén os seus conflictos e necesidades. E hai quen utiliza o rural como mero paisaxe de fondo, podendo incluso xerar un forte impacto nas comunidades debido a certas prácticas e modelos de produción.

O cinema é unha das industrias culturais con mais voz e visibilidade en Galicia. Pero a sua posición é ambigua e superficial, diría que falta de un mínimo compromiso político poético. Cando acontecen traxedias, como os incendios que arrasaron 171.000 hectareas no verán 2025, non se di nada. Cando a manipulación dos medios públicos galegos e da libertade de comunicación son recurrentes e insultantes, non se di nada. Estamos moi a feitos a calar. É unha pena fonda que, nós mesmos, que nos adicamos a comunicación, non contemos o que está a suceder.

Retratamos o rural desde unha visión romantizada (eu me incluo), ou nos centramos exclusivamente en un par de tópicos galegos. Non faltan series de narcos, ou produccións que remastican trituran e lavan a figura de personaxes que tiveron histórica relevancia política para o noso pais. A grandes rasgos (salvo pequenas excepcions) o noso cine non molesta a ninguén porque non cuestiona a ninguén. Sorprendentemente unha parte do noso cine ten acollida internacional, o que está moi bem. Pero mentres tanto ese rural, esos paisano e paisanas se desmoroa aos nosos pés, dinamitados con unha clara intención política.

Como é o papel que xogan, ou que permiten, o audiovisual e a fotografía ao respecto?

Sinto que estamos nun periodo onde hay unha forte homoxenidade nos modelos, contidos e formas de producción. Coma se todos os produtores e realizadores tivesemos as mesmas cámaras, os obxetivos e empregasemos as mesmas ferramentas e as mesmas linguaxes.

Cada vez mais sucumbimos a un exceso de estetización da imaxe. As narracións teñen que ser espectaculares, e o seu tempo de consumo bulímico. Acabamos consumindo historias que estéticamente nos enchen os ollos pero que non nos acompañan a nivel de contido nin de pouso. Dicen por ahí que estética sen ética é cosmética!

Quizais as narrativas menores ainda consiguan escapar a estas obrigas clientelares. Obviamente a cambio de aceptar a categoría de menores, invisibles e marxinais, con todo o que iso conleva. Pero o sistema de puntuación para a lograr a eterna e precaria finanaciación, o endogámico circuito de festivais e outras prácticas fan que acabemos entrando todos pelo aro. Cada vez imaxens mais bonitas con pouco que contar, van a pé feito con os nosos tempos.

Deuses de Pedra estreouse en Rotterdam e tivo boa acollida en festivais internacionais, conseguindo recoñecementos (IndieLisboa, Playdoc…), o que impulsará a tua carreira como realizador. Pero Deuses de Pedra é tamén un proxecto moi persoal e particular, rodado durante moitos anos nunhas condicións moi específicas de produción. Veste, nun futuro, embarcándote noutro tipo de producións como realizador? Tes interese en abarcar ficción despois de Deuses de Pedra?

Aparentemente a carreira no audiovisual se basaba na meritocracia. Se supón que se chegabas a un festival importante, era máis sinxelo a consolidación e factura do seguinte proxecto. Pero os circuitos culturais e de distribución non funcionan así. Parecense mais a unha masiva trituradora de carne fresca e talentosa, da que so uns poucos, os tocados por deus consiguen sair adiante. Eles convirtense, amparan e son o exemplo do modelo de suceso. Mentres o resto miramos para eles preguntandonos porque non temos dereito a participar na pluralidade de expresión. Sobre todo cando a case totalidade das producións son de financiación pública.

Presentar Deuses de pedra en Rotterdam, permitiu que a película chegara a unha maior serie de festivais. Deulle visibilidade. Eso é o mellor que un pode conseguir para o seu traballo, visibilidade, apenas durante un intre, ate que a mecha se apaga de novo.

Hoxe presentar unha película en Rotterdam, en Berlín, en Locarno ou incluso en Cannes, non cambia absolutamente nada. Inseguridade, precariedade laboral, dificultade para filmar seguen sendo o pan de cada día. Personalmente non me interesa o suceso, nin a alfombra vermella. So quero vivir do meu traballo con un mínimo de dignidade.

Iván no Play Doc, onde "Deuses de Pedra" recibiu o premio ao mellor filme galego

Iván no Play Doc, onde "Deuses de Pedra" recibiu o premio ao mellor filme galego

Teño novos desexos e proxectos de filmes, pero son consciente de que ainda picando pedra sacar algo adiante é moi complicado. O sistema de financiación por puntación, a busqueda de fondos con modelos cada vez mais estandarizados e eternos, que se parece mais a un via crucis, e os modelos endogámicos da industria audiovisual (so hai que ver a gala dos Mestre Mateo) están ahí, beneficiando a quen sabe e quere xogar a partida ao seu modo.

Deuses de pedra foi un exemplo de non agardar nin tratar de convencer a ninguén. De ir facendo aos poucos, o longo do tempo, con os propios recursos.

Que poden agardar os participantes da clase maxistral que impartirás no Vendaval?

O primeiro, que non vai ser maxistral. Simplemete falarei da miña experiencia, dos meus intereses, das miñas eleccións temáticas e da abordaxe e da escolla dos lugares onde decidín filmar… Compartirei o meu sentir, abrindo o espazo a aquelas persoas que queiran compartir o seu. Este tipo de encontro deben ser interactivo. A reciprocidade, a participación e o diálogo son o que o volven interesante.

Agardo motivar ás persoas participantes a se desenvolver creativamente a través da ferramentas audiovisuais, e a transmitirlle a paixón polo oficio, sen deprimilos moito con a miña interpretación da realidade dos medios.

CONVERSA ENTRE MARTIN PAWLEY E MIGUEL NUNES

Gravada durante a 2ª edición do Vendaval, en Agosto de 2025, en A Casa da Memoria. A partir das cuestións formuladas polo crítico galego, Miguel Nunes fai un percorrido polos momentos mais marcantes da súa carreira como actor e aborda temas relacionados co traballo actoral, o colonialismo no cinema portugués ou o seu salto á realización con "Anjo", unha curtametraxe autobiográfica que transcorre nunha Lisboa hoxe case desaparecida.

CONVERSA ENTRE RITA MAIA E MEDUZA

Gravada durante a 2ª edición do Vendaval, en Agosto de 2025, en A Casa da Memoria con Rita Maia e Feliciana Delcia Guia aka Meduza, a actriz que deu voz á personaxe de Yara no filme "Nayola" de José Miguel Ribeiro.